Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/93-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.S. e C.T.S. paseo fluvial.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo teito e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 200 m de lonxitude, con orixe no C.T. concello (expediente 32780) e final na liña que alimenta o C.T. balneario (expediente 5716). Centro de transformación, tipo caseta prefabricada, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 balneario. Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7108