Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. Trives-Cova, no concello de Pobra da Trives. (Expediente IN407A 123/98-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese á información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Emprazamento: concello da Pobra de Trives (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do plano MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

No proxecto prevense as seguintes actuacións, todas elas á tensión de 20 kV, en conductor subterráneo R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al a 1ª, LA-110 (aéreo e nu) 2ª e 3ª, e LA-56 (aéreo e nu) as demáis:

1º L.M.T., subterránea, saída da subestación de Trives. Orixe saída da subestación de Trives e final nos apoios de saída das: LL.MM.TT. Trives-Cova, Trives circunvalación e Guístolas; lonxitude: 620 m. 2º L.M.T. de dobre circuíto circunvalación Trives de 40 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. de saída da subestación de Trives e remate no apoio derivación, a substituír, da L.M.T. aérea ás Guístolas. 3º L.M.T. Trives-Cova de 5.752 m, orixe na L.M.T. saída da S. Trives e remate na L.M.T. Chaveán-Manzaneda. 4º L.M.T. a C.T. Prado de 54 m, con orixe no apoio número 3 da L.M.T. (p) Trives-Cova e final

na L.M.T. exsitente a C.T. de Prado. 5º L.M.T. a Mosteiro de 96 m, con orixe no apoio número 10 da L.M.T. (p) Trives-Cova e final en apoio existente da L.M.T. a Mosteiro. 6º L.M.T. a Casteligo de 138 m, con orixe no apoio número 12 da L.M.T. (p) Trives-Cova e final no C.T. de Casteligo. 7º L.M.T. a Paraisás de 110 m, con orixe no apoio número 19 da L.M.T.A (p) Trives-Cova e final na L.M.T. a C.T. Paraisás. 8º L.M.T. a Penapetada de 123 m, con orixe no apoio número 20 da L.M.T. (p) Trives-Cova e final na L.M.T. existente ó C.T. de Penapetada. 9º L.M.T. a C.T. de Cova de 43 m, con orixe no apoio número 34 da L.M.T. (p) Trives-Cova e final no C.T. de Coba.

e) Orzamento: 33.514.411 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adqusisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16, 31.5º do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da

Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente segundo o sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese á información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 30 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 123/98-3. Provincia: Ourense.

L.M.T. Trives-Cova.Termo municipal: A Pobra de Trives.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1AgroMonte baixoIberdrolaVeinte de febrero 8, 47001 Valladolid1140400

16AgroPradoHrdos. Avilio Domínguez LosadaUrb. Pedreira-San Salvador, 32780 Trives40370

22ValadoLabradíoAsensio Rodríguez FeijooAs Cortes (S. Mamede), 32780 Trives22410

25ValadoLabradíoAsensio Rodríguez FeijooAs Cortes (S. Mamede), 32780 Trives208

26ValadoLabradíoHrdos. Valentín Blanco

Carmen Blanco Domínguez

García Morato 37-4º I, 47006 Valladolid9151510

35Cortiñas da E.PradoJosé Luis Domínguez ÁlvarezDiputación 12, 32780 Trives440

38LamelaPradoHrdos. Avilino Domínguez LosadaUrb. Pedreira-San Salvador, 32780 Trives14100

39LamelaPradoHrdos. Teófilo Álvarez

Carmen Álvarez Domínguez

As Cortes-San Mamede, 32780 Trives12120

40LamelaPradoCarmen Álvarez LosadaAs Cortes-San Mamede, 32780 Trives1111641640

53CorgaPradoHrdos. Avilino Domínguez LosadaUrb. Pedreira-San Salvador, 32780 Trives22220

121CampoMonte baixoJosé María Moares PazoSanjurjo Badía 15-2º, 36207 Vigo29165600

149CalfriaPradoJosefa Pérez AlonsoGregorio Espino 58-7ºA, 36205 Vigo30300

6907