Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Ribadavia-Val de Pereira, no concello de Ribadavia. (Expediente IN407A 122/98-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese á información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Emprazamento: concello de Ribadavia (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do plano MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1º L.M.T. Ribadavia-Val de Pereira aérea a 20 kV, de 1.457 m de lonxitude en conductor LA-110, con orixe no apoio número 21 de L.M.T. Castrelo-Ribadavia e final no apoio número 10, para enlazar co tramo existente.

2º L.M.T. Central Castrelo-C.T. Chao tramo aéreo de D.C. de 996 m en LA-110 con orixe na subestación de Castrelo de Miño e final no apoio número 10; tramo aéreo en S.C. de 685 m en conductor LA-110, entre o dito apoio número 10 e o 19; tramo subterráneo de 880 m entre o citado apoio número 19 e o apoio número D-16 de L.M.T. existente. C.T. en edificio prefabricado de 400 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do 40 m en conductor RV-0,6/1 kV-4x150 Al.

3º Reforma do C.T. da fábrica de ataúdes Hijos de Luis Chao, S.A., de 400 kVA e r/t 20.000/380-220 V.

e) Orzamento: 33.740.000 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade públi

ca da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16, 31.5º do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente segundo o sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese á información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como

das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 30 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 122/98-3. Provincia: Ourense.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Ribadavia-Val de Pereira.Termo municipal: Ribadavia.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

10CarreiriñaViñedoLuis Conde GogorzaAvda. de Finisterre 13-2º, 15004 A Coruña58928

12CarreiriñaViñedoManuel Amador Vázquez SánchezAvda. Buenos Aires 89-3º, 15004 Muros A Coruña10110

35Monta da MinaMonte altoComunal de Sampaio, Sta. Cristina

Pte.: Modesto Gómez González

Sampaio 62 s/n, 32414 Ribadavia, Ourense9-10

11-12

104557280

42Monte EscuroMonte altoCarmen Sánchez GarcíaSampaio 49 s/n, 32414 Ribadavia, Ourense20160

6906