Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.592

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos incluídos nas relacións de postos de traballo elaboradas de conformidade co Decreto 252/1992, do 30 de xullo, non existe na actualidade persoal que reúna os requisitos que son necesarios para o desempeño dos correspondentes postos de traballo, polo que ante a urxente necesidade de cubrir vacantes do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a inclusión na lista de novas persoas, con independencia de que a anterior continúa en vigor.

Por isto, en aplicación do previsto no Decreto 89/1997, do 10 de abril, co informe previo da comisión de persoal, esta dirección xeral acorda realiza-la convocatoria para a elaboración das devanditas listas, de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

O obxecto da presente convocatoria é a elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo do corpo, escala da Administración da Xunta de Galicia que se especifica no anexo I, a cobertura do cal se considera de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polos correspondentes funcionarios, de conformidade coa normativa de aplicación.

Segunda.-Listas.

Polo que se refire ó ámbito territorial para o corpo, escala que figura no anexo I, elaborarase unha lista para cada provincia da Comunidade Autónoma.

En canto ós apartados ós que se refire o artigo 12 do Decreto 89/1997, do 10 de abril (DOG nº 79 do 25 de abril), a lista na que se incluirán os solicitantes será a seguinte:

-Lista B:

A lista que se confeccione será para o corpo que a continuación se sinala:

Corpo de auxiliares técnicos da Administración da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais.

Incluiranse nesta lista os solicitantes que reúnan as condicións para poder inscribirse nela e a orde de prelación dos solicitantes virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo ó que se refire o artigo 12.B) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, segundo figura no anexo V.

Cada interesado poderá presentar solicitudes nos ámbitos territoriais que desexe. Unha vez chamados para prestar servicios nun dos ámbitos elixidos e logo de aceptación do posto de traballo, serán excluídos dos demais ámbitos territoriais en que figuren, sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, a comisión permanente de valoración poderá fixar un número máximo de compoñentes das listas cando, polo número de instancias presentadas e o número de vacantes que se prevexan que poidan producirse, aquel pareza suficiente.

Terceira.-Solicitudes.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta convocatoria.

3.2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días contados desde a publicación da presente convocatoria no DOG e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.3. Todos aqueles solicitantes que foron admitidos no último proceso selectivo de acceso ó corpo, escala ó que se presentan, que figura no anexo I, estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de inscrición.

Os solicitantes que non participaron nos procesos selectivos a que se refire o parágrafo anterior estarán obrigados, no prazo de dez días a partir da publicación das listas, ó pagamento das taxas que a continuación se expresan:

-Corpo de auxiliares técnicos, escala de axentes forestais da Administración da Xunta de Galicia: 5.910 pesetas.

Os que así non o fixeran no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Para facer efectivo o ingreso da taxa deberá cubrirse o anexo IV. Os modelos correspondentes a este anexo facilitaranse nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia especificadas na base 3.1, debendo cubrirse cos códigos que figuran nel. Non obstante para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do anexo IV, que se publica con esta convocatoria.

Cuarta.-Requisitos.

Os solicitantes deberán reunir requisitos que para este corpo, escala se determina no anexo I. O citado requisito deberán posuírse o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ser español.

-Ter cumpridos os 18 anos.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

No suposto que non acrediten estes requisitos, os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Quinta.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberá presentarse fotocopia do DNI e copia cotexada do título académico requirido nesta convocatoria.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto no artigo 12 do Decreto 89/1997, desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para o corpo, escala que se solicita, acreditaranse debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexados fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo do anexo III, significándose que non se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos a que se refire o apartado B.3) do artigo 12 do referido decreto, servicios prestados noutras administracións públicas no mesmo corpo ou escala, acreditaranse mediante certificación xustificativa que deberán emiti-los órganos de xestión de persoal competentes.

No suposto de alegar méritos polo apartado B.1, (ter superados algún dos exercicios do último proceso selectivo), non será necesario que o interesado os xustifique.

Sexta.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión permanente de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, á que se refire o artigo 5 do Decreto 89/97 e que ten a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión permanente, e cando o número de aspirantes así o faga aconsellable, poderán nomearse comisións colaboradoras, e a súa función será participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados.

6.2. Unha vez elaboradas as listas, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no DOG o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do servicio de información e atención ó cidadán da Consellería de Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

6.3. Os chamamentos realizaranse sucesivamente ata a finalización das listas en cada ámbito territorial no que exista lista. Todo isto unha vez que se esgoten ou non poidan utilizarse as listas para o corpo ou escala que figura no anexo I desta convocatoria e que foron elaboradas de acordo co Decreto 252/1996, do 14 de xuño, listas que seguen vixentes.

6.4. Cada seis meses desde a publicación das listas, estas poderán modificarse coa inclusión daquelas solicitudes que se presenten con posterioridade ó termo do prazo fixado para a presentación de intancias sempre que reúnan os requisitos.

Os ditos interesados deberán xuntar á instancia, se é o caso para a súa admisión, o xustificante de ter aboadas as taxas.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo: D

Corpo ou escala: corpo auxiliares técnicos da Administración da Xunta de Galicia, capataz forestal, escala de axentes forestais.

Requisitos: carné de conducir (A e B).

ANEXO V

A orde de prelación nas correspondentes listas dos aspirantes virá dada pola puntuación obtida de acordo co seguinte baremo:

B.1. Por ter superada algunha proba correspondente ó último proceso selectivo de acceso á condición de funcionario de carreira ou laboral fixo da Xunta de Galicia: 50% da nota.

A porcentaxe aplicarase sobre a suma, se é o caso, das notas das distintas probas superadas.

Para estes efectos computaranse as notas obtidas nas probas correspondentes ó mesmo corpo, escala ou categoría da lista da que se pretenda formar parte e referidas a este último proceso.

B.2. Servicios prestados na Xunta de Galicia no mesmo corpo, escala, especialidade ou categoría: 0,15 puntos/mes.

B.3. Por cada mes de servicios prestados noutras administracións públicas na mesma categoría, corpo ou escala ou especialidade e referidos ós últimos 5 anos: 0,10 puntos/mes.

B.4. Por cada mes de servicios prestados nas empresas privadas na mesma categoría (só para persoal laboral) e referidos ós últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes.

A suma de puntuación dos puntos b.2., b.3. e b.4. non poderá exceder de 5 puntos.

B.5. Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidade, Inem ou formación ocupacional e relacionado coas funcións propias da categoría, corpo ou escala (máximo 2 puntos): 0,20 puntos/curso.

B.6. Por posuír unha titulación académica distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso:

-Título de doutor: 2 puntos.

-Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,50 puntos.

-Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1 punto.

-Título de bacharel superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,50 puntos.

-Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,25 puntos.

Non se computarán as titulacións imprescindibles para a obtención doutras de nivel superior.

B.7. Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):

-En grao de iniciación: 0,50 puntos.

-En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se lles concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

B.8. Por cada mes acreditado como demandante de emprego (máximo 1 punto): 0,01 puntos/mes.

De producirse empate na puntuación, acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados segundo a orde establecida no artigo 12.b).

De persistir-lo empate, resolverase a favor da primeira letra do primeiro apelido, segundo a orde do alfabeto.

7806