Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Aprobacións iniciais dos proxectos de desenvolvemento do plan especial de infraestructura viaria e equipamento docente da Universidade de Vigo, nas Lagoas-Marcosende (Zamáns):

a) Ordenación área de aparcamento E.T.S. de Enxeñería Industrial.

b) Ordenación de acceso á E.T.S. de Enxeñería Industrial.

c) Reordenación e dotación de servicios no campus universitario.

d) Saneamento do campus universitario.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 10 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente os proxectos de desenvolvemento do plan especial de infraestructura viaria e equipamento docente da Universidade de Vigo, nas Lagoas-Marcosende (Zamáns): a) Ordenación área de aparcamento E.T.S. de Enxeñería Industrial; b) Ordenación de acceso á E.T.S. de Enxeñería Industrial; c) Reordenación e dotación de servicios no campus universitario; d) Saneamento do campus universitario.

Sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da casa do concello.

Comunícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contando desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 3 de agosto de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.