Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle para a ordenación dos volumes edificables entre as rúas Condesa de Pardo Bazán, Arcebispo Malvar e Xan Guillermo.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de xuño de 1998, acordou o seguinte:

Primeiro.-Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Promociones Inmobiliarias Ramírez, S.L. para a ordenación dos volumes de acordo coas determinacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana e soluciona-los medianís existentes do soar situado entre as rúas Condesa de Pardo Bazán, Arcebispo Malvar e Xan Guillermo, propoñendo a actuación a actuación que se vai realizar neste soar e os de número 3, 5 e 7 da rúa Xan Guillermo. Este documento urbanístico foi redactado polo arquitecto Gustavo

Pérez Álvarez, visado pola Delegación do COAG en Pontevedra, con datas do 30-3-1995 e 14-3-1997, documentación esta última que anula a correlativa da anterior, concretándose a localización da compensación a este Concello no plano número 11-A con data de outubro de 1997, subscrito por este facultativo.

Segundo.-Someter a información pública o estudio de detalle aprobado inicialmente e o expediente tramitado -que dilixenciará o secretario xeral da Corporación- durante un prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos da casa do concello, un dos periódicos de maior circulación provincial, BOP e Diario Oficial de Galicia, computándose tal período desde esta última publicación, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados comprendidos no ámbito territorial do estudio de detalle.

Terceiro.-Dispor que, conforme o dictame da Comisión Municipal de Urbanismo do 2-4-1998, este acto de aprobación inicial se lle comunique á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e que a promotora simultaneamente redacte un proxecto técnico de desmonte, subscrito por técnico competente, no que se prevexa a numeración e relación dos elementos ou pezas de interese da edificación actual sinalados no informe do técnico municipal, e a posta á disposición desta Administración municipal deles na parcela que se indique, de xeito que durante o prazo dun mes de información ó público do estudio, se fagan os seguintes ofrecementos encamiñados á preservación e integración das pezas referidas da edificación:

1. En primeiro lugar, ofrecerlle á Consellería de Cultura a cesión deses elementos, poñéndoos o Concello á súa disposición para os fins de conservación que a consellería coide procedentes.

2. No caso de que non lle interese á consellería, ofrecerlle á entidade promotora a posibilidade de que logo de estudio ou proxecto, integre os restos de interese da edificación actual no futuro edificio que se pretenda construír.

3. Finalmente, de non interesa-las alternativas anteriores, unha vez redactado o proxecto de desmonte e axecutado este, quedaría o Concello coas pezas e elementos de interese, tendo que ser depositados na nave ou parcela que se acordase para os fins que se considerasen oportunos.

Cuarto.-Declarar que a compensación económica substitutiva do aproveitamento non patrimonializable, grafada no citado plano 11-A con data de outubro de 1997 e concretada no escrito da entidade promotora con data do 29-10-1997, sexa ampliada tamén nos termos do informe do arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística do 17-12-1997, citado no feito 8º da parte expositiva deste acto, polo que Promociones Inmo

biliarias Ramírez, S.L., con carácter previo á aprobación definitiva do estudio se fose procedente, ratificará e solemnizará tal compromiso de cesión nas formas admitidas en dereito, tendose que entrega-lo local obxecto de compensación a este Concello, en pleno dominio e totalmente libre de cargas e gravames, pasando a formar parte do patrimonio municipal e do seu inventario de bens.

Quinto.-Remitirlle o expediente á Unidade de Xestión-Rendas de Intervención Xeral para a liquidación de taxas municipais, conforme a Ordenanza fiscal reguladora da prestación de servicios urbanísticos.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa dona Teresa), e formula-las alegacións que coide procedentes.

Pontevedra, 13 de xullo do 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7777