Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 27 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de información pública sobre levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en

materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 246/1997, (Diario Oficial de Galicia nº 178, do 16-9-1997), a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 1-10-1996, fáiselles saber a tódolos afectados pola execución do proxecto que a seguir se indica: L.M.T. ó C.T. Vilagarbín, concello de Vilalba, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.,que o representante da Administración dará comezo, sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 1-10-1996, e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación provincial.

Advírteselles ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles días e hora para o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levantar estas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 27 de xullo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7524