Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.577

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se completa a relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

O apartado 6 de base oitava da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non acheguen parte ou toda a documentación esixida no punto 1 desa base.

A tal fin, as resolucións do 14 de maio e 26 de maio de 1998, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, declaran rematado o dito proceso selectivo, publicando a resolución definitiva de aspirantes seleccionados.

Revisada a referida documentación pola Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense e elevada a oportuna proposta de exclusión dalgúns aspirantes polo motivo expresado no parágrafo anterior, en uso das facultades que lle outorga o punto 7 da base oitava da citada resolución, procede que este centro directivo cubra as ditas prazas cos aspirantes que cumpran coas condicións esixidas nas bases da convocatoria e superasen a fase de oposición, en atención á orde de puntuación acadada, alterándose deste xeito a proposta inicial do respectivo tribunal, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar que superaron oconcurso-oposición convocado por Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) as seguintes aspirantes nas categorías que se indican:

-Auxiliar de enfermería Mº Evangelina Maneiro Vidal, DNI 52.456.037.

-Operarias: Celia Domínguez Jorge, DNI 34.249.620 e Mª de los Ángeles Fernández González, DNI 76.716.091.

Segundo.-As novas aspirantes definitivamente seleccionadas deberán cumprir igualmente os trámites previstos na base oitava da convocatoria para o resto do persoal seleccionado, tendo en conta que o prazo de vinte días naturais se conta desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso ordinario ante este centro directivo no prazo dun mes, contado desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

7716