Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre Detención policial,que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:
1. Obxectivos: as xornadas teñen por obxectivo dota-los membros dos corpos e forzas de seguridade dos coñecementos teórico-prácticos que lles poidan ser útiles no desempeño posterior da súa profesión.
2. Destinatarios: as xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.
3. Inscrición: a inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
4. Prazas: o número de prazas que se ofertan é de 80.
5. Solicitudes:
a) O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.
b) O prazo para a presentación de instancias rematará o día 30 de setembro de 1998 ás 14 horas.
c) As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade situada na avenida da
Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
6. Datas: as xornadas celebraranse durante os días 8 e 9 de outubro de 1998. O horario será en xornada de mañá (9.30 h.-14 h.) e tarde (16.30 h.-20 h.) o día 8, e en sesión de mañá o día 9.
7. Relación de admitidos: a relación de admitidos publicarase o día 2 de outubro de 1998 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.
8. Lugar: salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sito na avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.
9. Certificado de participación: ó remate das xornadas entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.
10. Modificacións: a Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 30 de xullo de 1998.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade
7656