Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.559

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se resolve provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 1998-1999 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

A Orde do 5 de maio de 1998 (DOG do 10 de xuño) establece o regulamento para a concesión de axudas económicas para o curso 1998-1999 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

Vistos os informes emitidos polas correspondentes comisións provinciais e tendo en conta o punto décimo primeiro da referida Orde do 5 de maio de 1998, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 1998-1999,

concedendo as que se indican no anexo da presente resolución.

Segundo.-Os titulares dos centros que figuran no anexo desta resolución remitiranlle ó Servicio de Inspección da delegación provincial correspondente, entre o 15 e o 30 de setembro de 1998, certificación do número de alumnos definitivamente escolarizados en cada unha das unidades subvencionadas. O Servicio de Inspección, feitas as oportunas comprobacións, remitiralle, antes do 10 de outubro de 1998 e xunto co seu informe, á Dirección de Centros e Inspección Educativa a devandita certificación.

Terceiro.-Á vista das certificacións e dos informes sinalados no punto anterior, esta dirección xeral formularalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución definitiva que, unha vez aprobada, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderá interporse recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

7783