Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 19 de agosto de 1998 Páx. 9.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización das rúas transversais á rúa Herminia Fariña Cobián.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o vintenove de xuño de mil novecentos noventa e oito acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización das rúas transversais á rúa Herminia Fariña Cobián, promovido por B.B.T., S.L, redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con datas do 18-12-1997 e 11-3-1998.

O que se fai público para a súa executividade e saliéntase que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 13 de xullo de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral