Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 19 de agosto de 1998 Páx. 9.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Aprobados polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o 11 de agosto de 1998, os proxectos técnicos das obras de iluminación pública nas parroquias de Vilaragunte, Castro de Rei e outros e iluminación pública nas parroquias de San Mamede, Santa Eulalia e outros, incluídas no plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal POS-98, redactados polo enxeñeiro técnico industrial Vicente Franco Ben, cun orzamento de execución por contrata de 4.000.000 de pesetas respectivamente, expóñense ó público na Secretaría deste concello polo prazo de oito días hábiles para efectos de exame e reclamacións.

Aprobados así mesmo, polo mesmo órgano municipal e na mesma sesión os respectivos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación das sobras de iluminación pública nas parroquias de Vilaragunte, Castro de Rei e outros e de iluminación pública nas parroquias de San Mamede, Santa Eulalia e outros, incluídas no plan de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal 1998, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, expóñense ó público na secretaría deste concello polo prazo

de oito días hábiles para os efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril.

Concurso.

Simultaneamente, de conformidade co preceptuado no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúncianse os concursos de referencia, aínda que a licitación se aprazará, no suposto de que se formulasen, reclamacións contra os proxectos ou os pregos de cláusulas administrativas, ata que sexan resoltas pola corporación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría xeral.

2. Obxecto dos contratos:

Execución das obras incluídas nos proxectos de iluminación pública nas parroquias de Vilaragunte, Castro de Rei e outros e iluminación pública nas parroquias de San Mamede, Santa Eulalia e outros.

3. Prazo de execución: seis (6) meses, respectivamente.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 4.000.000 de ptas., IVE incluído, respectivamente.

6. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación, (80.000 pesetas), respectivamente.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación, (160.000 pesetas), respectivamente.

7. Obtención de documentación e información:

Concello de Paradela, Avda. Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo), teléfono 982 54 11 01/96.

8. Lugar e prazo de presentación de proposións:

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela das 9 ás 14 horas durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados:

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo I dos respectivos pregos.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación á que se refire a cláusula 9.2º dos respectivos pregos.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas, cláusula 9.3º dos respectivos pregos.

10. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 9 dos respectivos pregos.

11. Apertura de ofertas:

Obra: iluminación pública nas parroquias de Vilaragunte, Castro de Rei e outros.

No salón de sesións da Casa do Concello de Paradela ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, no caso de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Obra: iluminación pública nas parroquias de San Mamede, Santa Eulalia e outros.

No salón de sesións da Casa do Concello de Paradela ás trece horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, no caso de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 12 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

7351