Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de moblaxe para aulas de expresión gráfica. Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas de décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: dous millón noventas oitenta e oito mil novecentas trinta e tres pesetas (2.988.933).
Garantía provisional: cincuenta e nove mil setecentas setenta e nove pesetas (59.779).
A Coruña, 24 de xullo de 1998.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente
7746