Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998 pola que anuncia o concurso público 5/1998, de proxectos con intervención de xurado para o edificio universitario de Servicios de Investigación no Campus de Elviña-A Coruña. (Expediente 3031/1998).

Convócase concurso público de proxectos con intervención de xurado para o edificio universitario de servicios de investigación no Campus de Elviña-A Coruña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas de décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de

xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: dezanove millóns seiscentas mil ptas. (19.600.000 ptas.).

Garantía provisional: non se esixe.

Prazo de execución: 60 días naturais contados a partir da publicación no DOG.

A Coruña, 23 de xullo de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

7736