Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998 pola que se anuncia o concurso público 5/1998, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración dun equipo de almacenamento, dosificación, aportación e recirculación de granulados para a E.T.S. de Camiños, Canais e Portos. (Expediente 1025/1998 (II)).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun equipo de almacenamento, dosificación, aportación e recirculación de áridos para a E.T.S. de Camiños, Canais e Portos.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas de décimo terceiro día natural contado

a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: sete millóns de pesetas (7.000.000).

Garantía provisional: cento corenta mil pesetas (140.000).

A Coruña, 16 de xullo de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

7735