Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración de equipamento para diversos servicios do Hospital Xeral de Galicia, mediante procedemento aberto. (Expediente 86/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36, fax: 981 54 01 49.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración.

3. a) Lugar de entrega: Servicio de Subministracións do Hospital Xeral de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar:

Importe: 44.946.962 ptas.

Duración: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

1 Micrótomo

1 Tapiz rolante para exercicio

1 Motor cirúrxico de serra saxital

1 Esterilizador a baixa temperatura

1 Equipo de videoendoscopia

1 Electromiógrafo

1 Equipo de monitorización intraoperatoria do sistema nervioso

2 Esterilizadores para endoscopios ríxidos e flexibles

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 1 mes desde a data de inicio da vixencia do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 14 de setembro de 1998.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 21 de setembro de 1998.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do día 2 de outubro de 1998.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote/s ós que se presente oferta.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote/s adxudicados.

Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento ou referencia ós textos que as regulan: cada lote nun único pagamento, unha vez recibida e facturada a subministración.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: a que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das con

dicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 6 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non publicado.

17. Data de envío do anuncio: 29 de xullo de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

7734