Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998 pola que se fan públicas as bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia e os convenios subscritos con distintas entidades e institucións para a adecuada instrumentación das ditas axudas.

Con esta mesma data o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas para potencia-lo comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos económicos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998, que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, polo que se establecen axudas para o financiamento das empresas

galegas.

No dito convenio e como anexo a el establécense as bases que regulan a concesión de axudas.

Ese mesmo día, o Igape e a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia subscribiron con dezaoito entidades financeiras un convenio para a instrumentación das ditas axudas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado por Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión fanse públicas as bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de

xuro para a potenciación do comercio na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuran como anexo I.

Segundo.-Faise público o texto do convenio subscrito entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, as Cámaras de Comercios galegas e a Confederación de Empresarios de Galicia, que figura como anexo II.

Terceiro.-Faise público o texto do convenio coas entidades financeiras e a relación de entidades que o subscribiron, que figura como anexo III.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

BASES QUE REGULAN A CONCESIÓN DE AXUDAS FINANCEIRAS Ó TIPO DE XURO Ó ABEIRO DO CONVENIO PARA A POTENCIACIÓN DO COMERCIO RETALLISTA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 1998

De conformidade co disposto na cláusula sexta do convenio con data do 23 de xullo de 1998 subscrito ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, modificado polo Decreto 95/1998, do 20 de marzo, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, e a Orde do 26 de marzo de 1998 que a modifica, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, as partes asinantes establecen as bases polas que se regulará a concesión das axudas previstas nel.

Bases

Primeira.-Obxecto.

O obxecto das presentes bases é instrumentar unha vía de financiamento destinada á potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, consistente en subvenciona-lo tipo de xuro dos préstamos concedidos por entidades financeiras coas que se concerte o respectivo acordo, e que se destinen ó financiamento de investimentos que se realicen en establecementos comerciais.

Segunda.-Importe máximo de préstamos subvencionables.

Para o financiamento dos investimentos subvencionables que se describen na base quinta, prevese a formalización de préstamos por un importe máximo de 1.000 millóns de pesetas distribuídos do seguinte xeito: destínanse 200 millóns de pesetas a cada unha das catro provincias galegas e o resto a un fondo común de reserva. No caso de que se esgote a dotación inicial atribuída a unha provincia, cubriranse as operacións correspondentes con cargo ó fondo común, e no caso de que se esgote este, poderán empregarse os fondos atribuídos a outras provincias que non fosen utilizados.

Terceira.-Ámbito territorial e prazo de solicitude.

O ámbito territorial destas bases será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes de subvención na entidade financeira iníciase o día da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia, data de entrada en vigor do convenio para a potenciación do comercio na Comunidade Autónoma de Galicia, e remata o día 13 de novembro de 1998. A concesión de axudas estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente, procedéndose, no caso de esgotarse este, ó arquivo das solicitudes de axuda mediante resolución administrativa con notificación ó interesado de tal circunstancia.

Cuarta.-Beneficiarios e actividades subvencionables.

Poderán acceder ás axudas establecidas nestas bases os titulares de establecementos comerciais retallistas, situados na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a dimensión sinalada no artigo 3.1º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e no apartado catro do artigo único da Orde de 26 de marzo de 1998 que modifica a anterior.

Son actividades económicas subvencionables aquelas que se relacionan no anexo I.

Quinta.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos concertados coas entidades financeiras coas que se subscribise o correspondente acordo e que se destinen a financiar proxectos de investimento en establecementos comerciais retallistas. Estes investimentos deberán ser realizados dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, serán subsidiables os investimentos novos en:

-Adquisición de locais comerciais.

-Obras de reforma en xeral.

-Obras de novo establecemento.

-Reformas estructurais.

-Instalacións básicas.

-Revestimentos, pinturas e acabados xerais.

-Equipamento.

-Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais.

-Mobiliario e informática.

-Melloras decorativas.

-Honorarios de proxecto e decoración.

-Calquera outro investimento que contribúa á mellora das estructuras de comercialización ou desenvolvemento das actividades comerciais.

No caso de adquisición de inmobles usados, o investimento subvencionable para este concepto non poderá exceder ó correspondente ó resto dos conceptos de investimento novo incluídos no proxecto investidor, excepto cando se trate da adquisición polo arrendatario

do local onde vén exercendo a actividade, sempre e cando demostre unha antigüidade mínima de 2 anos, tanto no contrato de arrendamento coma no exercicio da actividade comercial, caso no que se poderá computar como investimento subvencionable o 100% do seu valor.

No caso de adquisición doutros bens usados, o investimento subvencionable para eses conceptos non poderá supera-lo 25% do total do investimento subvencionable do proxecto. Se nun mesmo proxecto de investimento concorren a adquisición de inmobles e doutros bens usados, o importe do investimento subvencionable conxunto para ámbolos conceptos non poderá exceder do 50% do total do investimento subvencionable do proxecto investidor. Este límite non se aplicará no caso da adquisición polo arrendatario do local onde vén exercendo a actividade, de acordo co establecido no parágrafo anterior.

Os investimentos en inmobilizado inmaterial non poderán supera-lo 25% do total do investimento subvencionable do proxecto.

As limitacións ás contías de investimento subvencionable establecidas nos parágrafos anteriores para bens usados e para inmobilizado inmaterial son independentes, sendo polo tanto subvencionables aqueles proxectos nos que o investimento recaia en ámbolos conceptos, sempre que non superen por cada un deles os límites establecidos.

O investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

Serán investimentos subvencionables os que se realicen ou se teñan realizado con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1998 que cumpran co disposto nestas bases.

O beneficiario deberá mante-los investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia do préstamo subsidiado e destinalos á finalidade declarada na solicitude, agás no caso de que os bens en que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda do Igape.

No caso de transmisión por calquera concepto do negocio ó que está vinculado a axuda financeira concedida e sempre que o adquirente continúe o exercicio das mesmas actividades do transmitente, poderase solicita-lo cambio da titularidade da axuda, debéndose recoller na escritura ou documento de transmisión o traspaso da totalidade dos dereitos e obrigas comprometidos no proxecto subvencionado. A solicitude de cambio de titularidade e a documentación acreditativa deberá ser enviada a través da entidade financeira ó Igape, que resolverá sobre ela.

Sexta.-Características das operacións de préstamo.

A) Importe dos préstamos e porcentaxes de financiamento.

A contía do investimento subvencionable será superior a 750.000 pesetas e inferior a 10.000.000 de pesetas, excepto para aqueles proxectos de investimento que consideren, en todo ou en parte, a adquisición dun local comercial, nos que o importe máximo

non poderá ser superior a 20.000.000 de pesetas. Os proxectos de investimento que superen as ditas contías poderán ser subvencionables a través dos convenios de apoio financeiro a Pemes subscritos polo Igape con entidades financeiras.

O importe da operación do préstamo con dereito a subsidiación será superior a 525.000 pesetas e non poderá exceder do 70% do investimento subvencionable. En ningún caso o importe do préstamo superará o importe do investimento subvencionable pendente de pagamento á data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir desta data fose necesario efectuar novos pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vai subsidiar, estes deberán ser feitos seguindo a operativa establecida na base sétima D) destas bases.

B) Prazos de amortización e vixencia da subsidiación.

O prazo máximo de amortización, será con carácter xeral, de ata 5 anos, incluído como máximo un ano de carencia, excepto para os préstamos que financien, en todo ou en parte, a adquisicións de bens inmobles, nos que poderán superar, sen ningunha restricción, os límites de prazo e carencia establecidos. Non obstante, a subsidiación non superará os cinco primeiros anos e será calculada como se o préstamo fose a cinco anos incluído un ano de carencia.

As amortizacións serán realizadas polo prestatario en cotas trimestrais iguais, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas nas que se producirán a primeira e a derradeira.

O importe das cotas de amortización deberá redondearse en miles de pesetas, acumulando na última a diferencia ata completa-lo total do principal que se vai amortizar.

Consideraranse válidas as formalizacións dos préstamos que, por axusta-la derradeira amortización ó vencemento dun trimestre natural, excedan o cómputo de anos, considerado este de data a data.

C) Tipo de xuro e subsidiación para o beneficiario das operacións de préstamo.

O tipo de xuro nominal para o beneficiario das operacións de préstamo acollidas ás presentes bases será fixo durante a vixencia das operacións e será do 5,50%.

Poderase conceder unha subsidiación ó tipo de xuro das operacións de préstamo acollidas a estas axudas de ata 3,5 puntos. Para acada-los 3,5 puntos de subsidiación o solicitante deberá cumpri-los requisitos establecidos no punto 9 do artigo único da Orde do 26 de marzo de 1998. Para estes efectos consideraranse actividades preferentes tódolos epígrafes que figuran no anexo I destas bases.

D) Amortización anticipada.

O beneficiario poderá amortizar anticipadamente total ou parcialmente o préstamo, destinándose o importe anticipado á reducción en igual contía das cotas de amortización restantes, sen que se produza variación no prazo de duración do préstamo. A enti

dade financeira deberá comunicarlle puntualmente estas amortizacións anticipadas ó Igape e o novo calendario de amortizacións, e en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobramento da liquidación anual de subvención.

E) Comisións.

A entidade financeira prestamista poderá percibir dunha soa vez, unha única comisión máxima, de apertura e por tódolos conceptos, de ata o 1%.

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha SGR (Sociedad de Garantía Recíproca), que subscriba o convenio, a comisión máxima do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano será integramente subvencionada polo Igape.

Sétima.-Tramitación.

A) Modelo de solicitude e documentación.

As solicitudes presentaranse en impreso oficial normalizado que se incorpora a estas bases como anexo II. O impreso será datado e asinado polo solicitante e dilixenciado pola entidade financeira co selo e a data.

Ademais do impreso de solicitude presentarase por duplicado a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

Persoas físicas:

* Fotocopia do DNI/NIF.

Persoas xurídicas:

* Fotocopia do CIF.

* Certificación emitida polo representante legal na que se faga constar: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, libro, folio, rexistro e sección); a composición actual do consello; o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data do último exercicio pechado.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o activo total correspondentes á data do último exercicio pechado.

* A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do Igape na entidade financeira durante o prazo legalmente establecido, non sendo, polo tanto, necesario xuntala ó expediente de solicitude.

2) Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova constitución ou de empresas en funcionamento que vaian iniciar unha actividade distinta da que veñen desenvolvendo, deberán achegar fotocopia da alta no IAE ou compromiso firme de remitir a este

Instituto fotocopia da alta no imposto, indicando o seu epígrafe.

3) Memoria descritiva do investimento proxectado, indicando expresamente que se trata de investimentos realizados ou que se vaian realizar a partir do 1 de xaneiro de 1998, que deberá conter:

* Situación do inmoble onde se localizarán os investimentos que se van realizar.

* Orzamento detallado e valorado (excluído o IVE), partida a partida, dos investimentos en inmobilizado material novo, bens usados e en inmobilizado inmaterial, na orde establecida no impreso de solicitude.

* No caso de que parte do investimento estea pagado, deberán indicar no detalle anterior qué partidas están pagadas ou cál é a parte pagada de cada unha das partidas (excluído o IVE). Se non estivese pagada ningunha delas deberá indicarse expresamente que está na súa totalidade pendente de pagamento.

* Esta memoria deberá estar datada e asinada polo solicitante e selada pola entidade financeira, debendo quedar unha copia dela no expediente da entidade colaboradora.

4) Para o caso de adquisición do local arrendado: fotocopia do contrato de arrendamento e dos recibos pagados polo imposto de actividades económicas correspondentes ós dous últimos anos.

5) Nas solicitudes de axuda dun proxecto que leve a creación de emprego por conta allea:

* Declaración xurada do representante legal da empresa do número de postos de traballo que se van crear, modalidade de contratación e datas previstas de incorporación ou alta na Seguridade Social. No caso de contratos a tempo parcial, deberán indica-lo número de traballadores e a distribución horaria diaria, semanal ou mensual que proceda. Para este caso, só se computarán como crecemento de emprego neto as contratacións de alomenos media xornada.

* Fotocopia do último TC1 e TC2; e no caso de que o número de traballadores que figuran neles non coincida co número actual de traballadores no momento da solicitude e que figuran nela, certificación emitida polo solicitante do número de traballadores dados de alta/baixa e aclaración á diferencia sinalada.

6) Declaración xurada do representante legal da empresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

7) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social emitidas polos organismos competentes.

8) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída ningunha débeda coa Xunta de Galicia

O Igape poderá solicitar toda aquela outra documentación que considere conveniente. En todo caso, o beneficiario poderá achegar ademais calquera outra documentación e información adicional que considere

oportuna para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

B) Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse na entidade financeira, segundo o modelo oficial xa citado, achegando orixinal e catro copias, xunto coa documentación que se sinala no epígrafe anterior por duplicado exemplar.

Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas recollidas no presente convenio apoderan a entidade financeira para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites en que así se prevexa. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financeira como se fose propia da empresa solicitante.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares, entregaralle ó solicitante a cuarta copia e quedará, coa terceira copia. Remitiralle ó Igape o resto dos exemplares da solicitude e a documentación completa por duplicado coa excepción sinalada no último parágrafo da base sétima, apartado A) 1), así como a comunicación de concesión do préstamo segundo modelo que se xunta (anexo III) e da concesión do aval da SGR, se é o caso. Unha vez verificado que o expediente está completo, o Igape remitiralle unha copia da solicitude e da documentación á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio que corresponda.

No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán remitiralle ó Igape as solicitudes (orixinal e dúas copias) e a documentación por duplicado sempre e cando veñan acompañadas da comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira e pola certificación de concesión do aval.

O Igape reclamaralles á entidade financeira e ó interesado aqueles documentos preceptivos que deban ir xunto coa solicitude, debendo presentarse estes no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado; transcorrido este procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite. Ademais, poderá solicita-los datos adicionais que considere conveniente para precisa-lo contido ou alcance do proxecto.

A data límite para a presentación polas entidades financeiras das solicitudes ante o Igape é o 30 de novembro de 1998. Aquelas solicitudes que se presenten fóra deste prazo arquivaranse sen máis trámite, asumindo a entidade financeira toda a responsabilidade polos prexuízos que isto lle poida supoñer á empresa solicitante.

C) Concesión.

Con carácter de seguimento do convenio e de proposta sobre a concesión ou denegación da subvención, créase unha comisión integrada por dous representantes do Igape, e un representante por cada provincia dos seguintes organismos: delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, Confederación de Empresarios e cámaras de comercio desa provincia. Esta comisión funcionará por seccións provinciais sendo en todo caso presididas por un dos representantes do Igape actuando o outro como secretario, celebrándose as reunións que previamente convoque o seu presidente na sede do Igape. Poderán asistir ás reu

nións, con voz pero sen voto, os técnicos do Igape que elaborasen a proposta que se eleva á comisión.

A Comisión de Seguimento propoñerá a concesión ou denegación da axuda. O Igape resolverá e notificará ó solicitante, á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a concesión ou denegación da solicitude de subsidiación.

Nos casos de resolucións de concesión, o beneficiario previamente á formalización ou adaptación do préstamo, deberá aceptar expresamente a devandita resolución. A aceptación formalizarase na copia da resolución que a tal efecto se remitirá xunto coa resolución e que lle será devolta ó Igape debidamente cuberta.

D) Formalización.

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou póliza intervida por corredor de comercio colexiado, de acordo coas seguintes condicións:

A partir da entrada en vigor destas bases e respectando as condicións e requisitos establecidos nelas, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para isto, deberá remitir escrito segundo modelo que se xunta (ANEXO IV), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo que se vai subsidiar. O Igape comunicaralle á entidade financeira a autorización, se é o caso, á devandita formalización. A empresa solicitante requirirá á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do préstamo.

A autorización para a formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitado.

Unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, deberán incluír un anexo á escritura ou póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se faga consta-las características establecidas na devandita resolución.

Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar acollido ás axudas previstas nestas bases; figurará na póliza ou escritura o tipo de xuro nominal anual da operación e os puntos de subsidiación concedidos, así como a obrigatoriedade de aplicalo ó pagamento dos investimentos especificados na descrición do investimento aprobado.

O prazo máximo para a formalización ou a adaptación do préstamo ás condicións da resolución do Igape será de tres meses, contados desde a data de notificación da concesión ó interesado. Transcorrido o devandito prazo entenderase ó beneficiario decaído nos seus dereitos, salvo que, logo da solicitude razoada de prórroga deste presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorízase a devandita prórroga.

A entidade financeira remitiralle ó Igape, coa maior brevidade, unha fotocopia da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, do correspondente anexo,

antes de presenta-la primeira certificación de xustificación de investimentos.

E) Disposición e xustificación dos investimentos.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos non poderá abarcar un prazo superior a un ano a partir da data de formalización do préstamo e nunca poderá supera-la data da primeira amortización.

Á formalización do préstamo, ou en todo caso previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requirirá ós beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable, estea xa pagado ou pendente de pagamento. A disposición de fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento. Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe no seu conxunto non exceda da porcentaxe -préstamo subvencionado/investimento subvencionado- segundo a resolución de concesión.

Unha vez formalizado o préstamo, as disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos nesta.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así coma dos medios utilizados para o seu pagamento, enviándolle esta documentación xunto co extracto da conta específica ó Igape, cando practiquen a primeira e, se é o caso, a segunda xustificación do investimento.

Oitava.-Liquidación.

a) Liquidación de xuros.

A liquidación periódica de xuros, ó igual que as amortizacións, será realizada trimestralmente pola entidade financeira ó beneficiario, o último día do trimestre natural.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

b) Liquidación da subsidiación.

O cálculo da subsidiación será realizado por parte da entidade financeira por períodos trimestrais e remitiráselle ó Igape segundo o procedemento establecido na base novena.

A xustificación do investimento realizarase a través de certificacións de xustificación de investimentos emitidas pola entidade financeira, podéndose realizar como máximo dúas certificacións. A primeira deberá acadar como mínimo o 50% do investimento subvencionable. Se se realiza unha segunda, esta debe ser complementaria da primeira ata a xustificación total do investimento.

En tanto non estean presentadas as certificacións de xustificación de investimentos, pola totalidade do investimento, as liquidacións calcularanse sobre o importe do préstamo que corresponda ó investimento xustificado. A partir da xustificación total do investimento as posteriores liquidacións da subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

A entidade financeira esixiralles ós beneficiarios copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable así como os documentos xustificativos do pagamento, que lle remitirán ó Igape acompañando xunto coas devanditas certificacións de xustificación de investimentos.

As certificacións de xustificación de investimentos que deben ser cubertas pola entidade financeira deberán conter, cando menos, os datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizado para o pagamento do investimento xustificado; a data valor da xustificación do investimento, que se define como a última data de pagamento do investimento xustificado na certificación; indicación de se se trata de primeira, única ou segunda e complementaria. Neste último caso deberán reflectirse os datos sinalados anteriormente, correspondentes á primeira certificación e a data na que esta foi presentada, así como o resumo total do investimento xustificado e o importe disposto do préstamo e as porcentaxes correspondentes entre investimento xustificado e préstamo disposto.

No caso de que na única ou última certificación de xustificación de investimentos non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, a entidade financeira deberá xuntar unha solicitude de modificación da resolución asinada polo empresario para adaptala ó proxecto realizado e xustificado.

Para o cálculo da subsidiación tomarase como data inicial a data valor de xustificación de investimentos que figura na certificación de xustificación de investimentos emitida pola entidade financeira e os puntos subsidiados aplicaranse ó importe do préstamo disposto que lle corresponda ó investimento xustificado, de acordo co ratio-préstamo subsidiado investimento aprobado determinado na resolución de concesión; unha vez xustificada a totalidade do investimento, as posteriores liquidacións de subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

No caso de que o préstamo fose formalizado con anterioridade á concesión, conforme o disposto no segundo parágrafo, apartado D) da base sétima anterior, a data valor da certificación de investimento non poderá ser anterior á data de notificación da resolución.

Os trimestres serán sempre de 90 días e os meses de 30 días.

O prazo máximo para remiti-las entidades financeiras as certificacións de xustificación dos investimentos será de 4 meses, contados a partir da data de terminación do período de disposición, podendo o Igape conceder prórroga por solicitude razoada do empresario, tramitada a través da entidade financeira.

Novena.-Pagamento da subsidiación.

O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase anualmente a través da entidade financeira, agás o disposto no punto 1º do parágrafo terceiro desta base.

As entidades financeiras solicitaranlle ó Igape, dentro dos 15 primeiros días do ano, o pagamento da subvención correspondente ó exercicio inmediatamen

te anterior. Xuntaranlle á devandita solicitude as liquidacións trimestrais en formato de listaxes ou relacións individualizadas dos préstamos ordenados alfabeticamente onde figuren: o capital vivo teórico á data de inicio do trimestre que se liquida; as variacións no capital vivo que se producisen durante o trimestre e a data na que se produciron e, naqueles préstamos nos que se presentase nese trimestre certificación de xustificación de investimentos, o importe do préstamo disposto con dereito a subvención e a data valor; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

As liquidacións trimestrais presentaranse en tres grupos diferenciados de préstamos:

1. Trimestralmente cada entidade financeira realizará unha liquidación da subsidiación daqueles préstamos dos que a última amortización venza nese trimestre natural. O período de liquidación da subvención para cada préstamo abarcará desde o 1 de xaneiro do exercicio que se está liquidando ata a data do vencemento do préstamo, incluída esta. A entidade financeira solicitará o cobramento desta liquidación trimestral dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que se liquida.

2. Para aqueles préstamos excepcionais recollidos no apartado B) da base sexta, formalizados a máis de 5 anos, presentarase liquidación individualizada de cada un deles.

3. A liquidación da subvención do resto dos préstamos efectuarase do xeito xeral descrito no segundo parágrafo desta base.

As liquidacións practicadas serán a conta e provisionais, en tanto o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

Con independencia do sistema de pagamento da subsidiación establecido con anterioridade e unha vez verificado por este instituto o cumprimento das finalidades para as que foi concedida a subsidiación, o Igape resérvase a facultade de pagar anticipadamente a subsidiación. O importe da liquidación anticipada destinarase á amortización do principal do préstamo.

O importe da subvención anticipada será o valor actualizado ó tipo de xuro legal do diñeiro das cantidades que se devengarían en concepto de subvención durante o período non vencido.

Décima.-Verificación e control dos investimentos.

De acordo co sinalado no artigo 17 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, e no apartado tres do artigo único da Orde do 26 de marzo de 1998 que modifica a anterior, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, poderanse efectua-las inspeccións ou comprobacións que se consideren oportunas, debendo os beneficiarios facilitar ó máximo o devan

dito labor inspectora, achega-la documentación ou información que lles sexa solicitada. Para a súa realización, o Igape solicitará a oportuna asistencia técnica das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Décimo primeira.-Perda da subvención.

Serán causas de perda da subvención, con obriga de devolución do percibido e o pagamento dos xuros de demora correspondentes, o incumprimento das condicións ou obrigas establecidas nas presentes bases, no decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e demais lexislación concordante.

Décimo segundo.-Interpretación e resolución de dúbidas.

Correspóndelle ó Igape a interpretación e resolución das dúbidas que xurdan sobre a aplicación e cumprimento destas bases, sendo os acordos adoptados neste sentido inmediatamente executivos.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I (ás bases)

Actividades subvencionables

Consellería de Industria e Comercio-Dirección Xeral de Comercio e Consumo

CNAEActividadeObservacións

50.302Comercio polo miúdo de repostos e accesorios de vehículos de motor.
52.11Comercio polo miúdo, con predominio de alimentos, bebidas e tabaco en establecementos non especializados.
52.12Comercio polo miúdo doutros productos en establecementos non especializados.
52.21Comercio polo miúdo de froitas e verduras.
52.22Comercio polo miúdo de carne e productos cárnicos.
52.23Comercio polo miúdo de peixes e mariscos.
52.24Comercio polo miúdo de pan e productos de panadería, confeitería e pastelería.
52.25Comercio polo miúdo de bebidas.
52.27Outro comercio polo miúdo en establecementos especializados en alimentación.
52.31Comercio polo miúdo de productos farmacéuticos.
52.32Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos.
52.33Comercio polo miúdo de cosméticos e artigos de tocador.
52.41Comercio polo miúdo de téxtiles.
52.42Comercio polo miúdo de roupa de vestir.
52.43Comercio polo miúdo de calzado e artigos de coiro.
52.44Comercio polo miúdo de mobles; aparellos de iluminación e outros artigos para o fogar.
52.45Comercio polo miúdo de electrodomésticos, aparellos de radio, televisión e son.
52.46Comercio polo miúdo de ferraxería, pinturas e vidro.
52.47Comercio polo miúdo de libros, xornais e papelería.
52.48Outro comercio polo miúdo en establecementos especializados. Agás o 52.486 e 52.487

ANEXO III (ás bases)

MODELO DE COMUNICACIÓN DE CONCESIÓN DE PRÉSTAMO

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Rfa: Convenio para a potenciación do comercio retallista 98.

R/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

15701 Santiago de Compostela.

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financeira, acollida ós beneficios regulados polo Decreto da Xunta de Galicia 30/1995, do 23 de novembro, modificado polo Decreto 95/1998, do 20 de marzo, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a Orde do 26 de marzo de 1998 que a modifica, e acollida ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicámoslle que foi concedido o préstamo coas características que a continuación de detallan:

Beneficiario:

Nº expediente:

Data de solicitude na entidade financeira:

Oficina:

Importe:

Prazo de vixencia:

Período de carencia:

Tipo de xuro fixo:

Amortización:

Garantías:

Xuntamos orixinal e dúas primeiras copias do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto por duplicado exemplar.

Data e sinatura

ANEXO IV (ás bases)

MODELO DE SOLICITUDE DE FORMALIZACIÓN PREVIA Á RESOLUCIÓN

En relación coa solicitude de axuda financeira formulada pola empresa, Nº expediente,

*Presentada no Igape na data .../.../.., rexistro de entrada nº...

ou

* que se presenta na data de hoxe,

de acordo co estipulado na base sétima D) das bases que regulan as axudas para a potenciación do comercio retallista para o ano 98, comunícase a intención de formaliza-la devandita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto e respectando, en todo caso, as condicións e requisitos establecidos nas bases, tanto á hora de formalización coma na posterior dis

posición do préstamo e xustificación dos investimentos.

Así mesmo, comúnicase que de acordo co establecido na mencionada base, a operación non se formalizará mentres non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Unha vez recibida a comunicación da concesión procederase, mediante anexo ó documento de préstamo, á súa adaptación ás condicións e características establecidas na resolución.

Data, sinatura e selo da entidade financeira.

Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO II

CONVENIO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE), A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA, A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA E AS CÁMARAS DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DA CORUÑA, FERROL, LUGO, OURENSE, PONTEVEDRA, SANTIAGO DE COMPOSTELA, TUI, VIGO E VILAGARCÍA DE AROUSA, PARA A POTENCIACIÓN DO COMERCIO RETALLISTA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

En Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

REUNIDOS

José Antonio Orza Fernández, na súa calidade de presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), representación que lle corresponde pola súa condición de conselleiro de Economía e Facenda de acordo coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape.

Antonio Couceiro Méndez, na súa calidade de Conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

José Luis Fernández Núñez, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, na súa calidade de presidente da Federación Galega de Comercio.

Francisco Cruz Senra, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa (as cámaras de comercio galegas).

ESPOÑEN:

Primeiro.-As partes asinantes deste convenio xuntan esforzos ante a necesidade de moderniza-lo comercio tradicioinal para ller facer fronte á competencia de establecementos de maior dimensión e ás esixencias do consumidor actual.

Segundo.-As institucións aquí representadas consideran, pois, esencial a mellora das estructuras comerciais de Galicia para, deste xeito, intentar mellora-la economía deste importante colectivo empresarial potenciando os seus establecementos de cara ó cliente, mellorando á súa calidade, eficiencia e imaxe.

Terceiro.-O presente convenio enmárcase dentro da liña de axudas á pequena e mediana empresa establecidas ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, do Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que o modifica, e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, modificada pola Orde do 26 de marzo de 1998.

En virtude do exposto, as partes subscriben o presente convenio de colaboración de acordo coas seguintes

CLÁUSULAS:

Primeira.-O obxecto deste convenio é regula-las relacións entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galiciia e ás cámaras de comercio galegas, co obxecto de establecer unha liña de axudas para potencia-lo comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia a través de iniciativas do empresariado do sector.

Segunda.-As accións obxecto do apoio deste convenio estarán referidas ó financiamento mediante préstamos concedidos por entidades financeiras, coas que se concerte o respectivo acordo, subsidiando os tipos de xuro dos préstamos que estas concedan para o financiamento dos investimentos.

Terceira.-Subsidiación e características dos préstamos.

Poderase conceder unha subsidiación ó tipo de xuro das operacións de préstamo acollidas a estas axudas de ata 3,5 puntos. Para acada-los 3,5 puntos de subsidiación o solicitante deberá cumpri-los requisitos establecidos no punto nove do artigo único da Orde do 26 de marzo de 1998. Para estes efectos consideranse actividades preferentes tódolos epígrafes que figuran no anexo I das bases reguladoras da concesión destas axudas ás que fai referencia á cláusula sexta do presente convenio.

Con carácter xeral os préstamos subvencionados deberán te-las seguintes condicións:

Tipo de xuro: fixo.

Prazo máximo: cinco anos.

Carencia: un ano.

Amortización: trimestral.

Excepcionalmente, e para os préstamos destinados a financiar, en todo ou en parte, a adquisición de bens inmobles nas condicións sinaladas nas bases, poderanse exceder sen ningunha restricción, os límites de prazo e carencia establecidos, aínda que a subsidiación non excederá os cinco primeiros anos e será calculada como se o préstamo fose a cinco anos incluído un de carencia.

Cuarta.-A contía do préstamo subsidiable poderá acadar o 70% dos investimentos e será superior a 525.000 pesetas.

Pola natureza e dimensión empresarial dos establecementos obxecto de apoio, a contía de investimento subvencionable será superior a 750.000 pesetas e inferior a 10 millóns de pesetas, agás que aqueles proxectos de investimento que recollan, en todo ou en parte, a adquisición dun local comercial, nos que o importe máximo non poderá ser superior a 20.000.000 de pesetas. Os proxectos de investimento que superasen as ditas contías poderán ser subvencionables a través dos convenios de apoio financeiro a Pemes subscritos polo Igape con entidades financeiras.

Quinta.-Para o financiamento dos citados investimentos prevese a formalización de préstamos por un importe máximo de 1.000 millóns de pesetas distribuídos do seguinte xeito: destínanse 200 millóns de pesetas a cada unha das catro provincias galegas e o resto a un fondo común de reserva. No caso de que se esgote a dotación inicial atribuída a unha provincia, cubriranse as operacións correspondentes con cargo ó fondo común, e no caso de que se esgote este, poderanse emprega-los fondos atribuídos a outras provincias que non fosen utilizados.

A Consellería de Industria e Comercio, a través das súas delegacións provinciais, as cámaras de comercio galegas e a Confederación de Empresarios de Galicia achegarán o persoal técnico e administrativo necesario para asegura-la difusión deste convenio, e o apoio técnico ós comerciantes no seu desenvolvemento. Correspóndelle ó Igape a verificación da solicitude, a reclamación da documentación complementaria, a elaboración da proposta, a comprobación da liquidación e o seu pagamento.

Sexta.-As bases que regulan as axudas ós investimentos dos empresarios, xúntanse a este convenio e están baseadas no respecto ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade, e na garantía de transparencia das actuacións administrativas.

Sétima.-Con carácter de seguimento do convenio e de proposta sobre a concesión ou denegación da subvención, créase unha comisión integrada por dous representantes do Igape e un representante por cada provincia dos seguintes organismos: Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, Confederación de Empresarios e Cámaras de Comercio desa provincia. Esta comisión funcionará por seccións provinciais sendo, en todo caso, presididas por un dos representantes do Igape, actuando o outro como secretario, celebrándose as reunións que previamente convoque o seu presidente na sede do Igape. Poderán asistir ás reunións, con voz pero sen voto, os técnicos do Igape que alaborasen a proposta que se eleva á comisión.

Oitava.-O Igape resolverá e notificará ó solicitante, á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a concesión ou denegación da solicitude de subsidiación.

Neste convenio correspóndelle ó Igape a prerrogativa de interpretación e resolución das dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados neste sentido inmediatamente executivos.

Novena.-O presente convenio entrará en vigor a partir da data de publicación das bases no Diario Oficial de Galicia.

O período de solicitude de operacións ante a entidade financeira, conforme este convenio, será desde a data da súa entrada en vigor ata o 13 de novembro de 1998.

Décima.-Serán causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por algunha das partes de calquera das súas cláusulas. A denuncia, que deberá facerse con 30 días de aviso previo, supoñerá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas contraídas polas partes.

E en proba de conformidade e para que conste, así o din, asinan e outorgan na cidade e data indicadas no encabezamento, en cuadruplicado exemplar e para un único efecto.

Polo Instituto Galego de Promoción Económica: José Antonio Orza Fernández.

Pola Confederación de Empresarios de Galicia: José Luís Fernández Núñez.

Pola Consellería de Industria e Comercio: Antonio Couceiro Méndez.

Polas Camaras de Comercio Galegas: Francisco Cruz Senra.

ANEXO III

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE), A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA E A ENTIDADE FINANCEIRA.... PARA A POTENCIACIÓN DO COMERCIO RETALLISTA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

En Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

REUNIDOS

José Antonio Orza Fernández, na súa calidade de presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), representación que lle corresponda pola súa condición de conselleiro de Economía e Facenda de acordo coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape, en representación deste organismo.

Antonio Couceiro Méndez, na súa calidade de conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, en representación da Xunta de Galicia.

Don/Dona........, en representación da entidade financeira...., estando facultado/a para este acto en virtude dos poderes outorgados ó seu favor.

EXPOÑEN:

1. Con data do 23 de xullo de 1998 o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de

Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e o Consello Galego de Cámaras de Comercio subscribiron un convenio ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1985, do 23 de novembro, do Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que o modifica, e da orde da Conselleria de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, modificada pola Orde do 26 de marzo de 1998, para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O obxecto do convenio mencionado e das bases anexas a el é a instrumentación dunha vía de financiamento destinada á potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, consistente en subvenciona-lo tipo de xuro dos préstamos concedidos por entidades financeiras coas que se concrete o respectivo acordo, e que se destinen ó financiamento de investimentos que se realicen en establecementos comerciais retallistas, ben de nova instalación ou de reforma deles.

En virtude do exposto, o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a entidade financeira.... subscriben o presente convenio de colaboración ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que o modifica, e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, modificada pola Orde do 26 de marzo de 1998, que se rexerá polas seguintes

CLÁUSULAS:

Primeira.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia (en adiante a Consellería de Industria) e a entidade.... (en adiante a entidade financeira) para o efecto de establecer unha liña de financiamento subsidiado para o comercio polo miúdo ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e o fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, do Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que o modifica, e da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 18 de abril de 1996, modificada pola Orde do 26 de marzo de 1998, e de conformidade co convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, subscrito con data 23 de xullo de 1998 polo Igape, a Consellería de Industria, a Confederación de Empresarios de Galicia e o Consello Galego de Cámaras de

Comercio, e as bases que regulan a concesión das axudas ó abeiro del.

Segunda.-Desenvolvemento do convenio.

O desenvolvemento do presente convenio, para logra-los obxectivos sinalados na anterior cláusula, realizarase de acordo coas bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio reta

llista na Comunidade Autónoma de Galicia, que se anexan a este convenio e que forman parte del.

Terceira.-Compromiso da entidade financeira.

A entidade financeira comprométese a conceder préstamos nos termos e condicións establecidos neste convenio e nas bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio retallista na Comundiade Autónoma de Galicia.

Cuarta.-Interpretación e resolucións de incidencias.

Correspóndelle ó Igape a intepretación e resolución de incidencias e dúbidas que xurdan sobre a aplicación e cumprimento deste convenio, sendo os acordos adoptados neste sentido inmediatamente executivos.

Quinta.-Entidade en vigor e vixencia.

O presente convenio entrará en vigor a partir da data de publicación das bases no Diario Oficial de Galicia e a súa vixencia será a das operacións formalizadas ó abeiro del.

En en proba de conformidade, así ó din, asinan e outorgan por triplicado exemplar e a un único efecto na data e lugar do encabezamento.

Polo Instituto Galego de Promoción Económica: José Antonio Orza Fernández.

Pola Consellería de Industria e Comercio: Antonio Couceiro Méndez.

Pola entidade financeira:...

Relación de entidades financeiras colaboradoras

Caixas:Bancos:SGR:

Caixa GaliciaBanco Bilbao VizcayaAfigal, SGR

Caixa OurenseBanco Central HispanoSogarpo, SGR

Caixa PontevedraBanco Español de Crédito

Caixa VigoBanco Etchevarría

Caja de AhorrosBanco de Galicia

y Pensiones deBanco Gallego

BarcelonaBanco Herrero

Banco Pastor

Banco Popular

Banco Santander

Banco Simeón

7425