Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da execución das obras do proxecto de adaptación da Casa Barreras para museo etnográfico de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Patrimonio Histórico, Patrimonio e Contratación.

Número expediente: 747/405.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de adaptación da Casa Barreras para museo etnográfico.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 21.882.025 ptas.

5. Garantías. Provisionais: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro día laboral seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións. Non se outorgará prazo para a corrección de erros materiais na documentación administrativa.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 6 de agosto de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde