Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, das obras dos proxectos de mellora de pavimento en diversas rúas e camiños de Vigo (seis proxectos).

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación.

Número expediente: 11387/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras dos proxectos de mellora de pavimento en diversas rúas e camiños de Vigo.

Lotes:

Lote 1: proxecto de mellora do pavimento dos camiños do Pazo e Barxa, desde Manuel Cominges, e camiño de Vilar (Matamá), cun importe de 6.818.858 ptas., e un prazo de execución de tres meses.

Lote 2: proxecto de mellora do pavimento do camiño Mestre Goldar (Castrelos), cun importe de 6.699.885 ptas., un prazo de execución de tres meses.

Lote 3: proxecto de mellora do pavimento do camiño de San Amaro, cun importe de 7.135.597 ptas., un prazo de execución de dous meses.

Lote 4: proxecto de mellora do pavimento do camiño de Quintela, e rúa García Lorca e Salvador Allende, cun importe de 14.082.298 ptas., un prazo de execución de seis meses.

Lote 5: proxecto de mellora do pavimento do camiño de Penís e Salgado (Cabral), cun importe de 11.429.778 ptas., un prazo de execución de seis meses.

Lote 6: proxecto de mellora do pavimento do camiño de Sabaxáns (Lavadores), cun importe de 5.247.234 ptas., un prazo de execución de tres meses.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: para cada lote é o que figura nas descricións dos lotes neste anuncio xunto co nome do proxecto.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o tipo de licitación para cada un dos lotes e a cantidade que figura no punto 2º deste anuncio xunto co nome do proxecto.

5. Garantías. Provisionais: 2% do tipo de licitación do lote ó que presente oferta.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei

s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 30 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

7698