Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Farmacéuticos Titulares.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Farmacéuticos Titulares que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán asociarse á devandita asociación os farmacéuticos titulares que teñan aprobadas as oposicións de carácter nacional.

Asinan a acta de constitución: Mª Teresa López Eimil e dez persoas máis.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7253