Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Laboratorios Acreditados de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de de constitución e os estatutos da Asociación de Laboratorios Acreditados de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos laboratorios privados (empresas individuais ou sociedades) acreditados pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou organismo que, se é o caso, o substitúa, que estean inscritos no rexistro xeral de laboratorios de ensaios acreditados para o control de calidade de edificación, segundo o Decreto 1230/1989, do 13 de outubro.

Asinan a acta de constitución: Alfonso Rodríguez Fernández, actuando en nome e representación de Nor Control, S.A., e 11 persoas máis, actuando en nome propio e representación doutras tantas entidades.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7483