Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Gallega de Parques Empresariales.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de de constitución e os estatutos da Federación Gallega de Parques Empresariales.

Poderá pertencer á devandita federación calquera tipo de entidade representativa das empresas e propietarios de parcelas situadas en calquera parque empresarial de Galicia, ben de forma individual ou por medio da asociación correspondente, tendo que estar legalmente constituídas e ter personalidade xurídica plena debidamente recoñecida.

Asinan a acta, en calidade de socios fundadores, Francisco Caridad Rivas, presidente da asociación Asociación de Empresarios del Polígono Industrial A Grela, Bens, Saturnino Vázquez Morano, presidente da Comunidade de Propietarios do Polígono Pocomaco, y Jorge Trigás Iglesias como representante do Consorcio Zona Franca de Vigo.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7479