Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 24 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución do expediente sancionador en materia de turismo AC-011/1997 da Coruña, devolta polo servicio de correos ó non se poder levar a cabo a notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do recurso ordinario interposto contra a resolución do procedemento sancionador por infracción en materia de turismo, número AC-011/1997, que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse.

Esta resolución do recurso interposto esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer, logo de comunicación a esta consellería, de conformidade co artigo 110.3º en concordancia coa disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 58 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así mesmo, comunícaselle que esta resolución, que devén firme e executiva, confirma a sanción imposta, que se pode facer efectiva en período voluntario nos quince días seguintes ó da súa publicación, na conta número 44/700/000006/5 de Caixa Ourense, O.P. da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1998.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

ANEXO

Expediente: AC-011/1997.

Recorrente: Josefa Fernández López.

Establecemento: Cafetería Laxe.

Domicilio: rúa Malecón, 31. Ribeira (A Coruña)

Resolución recurso: desestimatoria.

Data da resolución: 17 de abril de 1998.

Importe sanción confirmado: 100.001 pesetas.

7477