Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A., (Unvi) de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A. Unvi (código nº 3200722) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial subscrito en representación da parte económica, pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa, en reunión celebrada o día 25-6-1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Convenios Colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de xullo de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo Unidad de Vehículos

Industriales, S.A. (Unvi, S.A.) 1998-1999

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación para a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A. (Unvi, S.A.) e tódolos seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Queda comprendido neste convenio todo o persoal asalariado da compañía Unvi, S.A. excepto os que exerzan funcións de alta dirección ou alto consello e as persoas ligadas por contratos mercantís ou civís.

Artigo 3º.-Duración prórroga e denuncia.

A duración do presente convenio será de dous anos, 1998 e 1999, a partir do 1 de xaneiro de 1998 e prorrogarase de ano en ano se non se denuncia con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia. A referida denuncia deberá facerse coa comunicación á que fai referencia o artigo 89 do Estatuto dos traballadores. O texto do presente convenio será de obrigatorio cumprimento mentres non sexa substituído por outro que no seu día se negocie.

Artigo 4º.-Garantía (ad personam).

As cantidades superiores pactadas a título persoal ou calquera outra mellora que teña establecida na empresa serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensanción e absorción.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas ou absorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal en cómputo anual, excepto que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 1.792 horas para o ano de vixencia, distribuídas a través de oito horas diarias de luns a venres. Os quince minutos de bocadillo computaranse como xornada efectiva de traballo.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais consistirán no desfrute de 30 días naturais que se desfrutarán preferentemente durante o mes de agosto.

A nómina correspondente ó período de desfrute de vacacións será igual á dunha mensualidade normal de traballo.

O traballador en situación de IT ó comezo do período vacacional poderá recupera-los días de vacacións nos que se atopase en situación de baixa por IT, ata un máximo de 15 días.

A empresa queda facultada para investigar e inspecciona-la realidade da situación de baixa por IT.

O período de vacacións interromperase no suposto de que o traballador contraia matrimonio no período vacacional.

Artigo 8º.-Salarios.

A) Para 1998 os salarios aumentarán un 2,5% sobre as táboas vixentes o 31 de decembro de 1997, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Para 1999 o incremento salarial será equivalente ó IPC de 1998 máis un 0,5% sobre a táboa salarial vixente o 31 de decembro de 1998.

B) En 1998 pasaranse 4.000 ptas. mensuais das que polo concepto de retribución voluntaria perciben os traballadores a salario base, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1998.

En 1999 pasaranse 4.000 ptas. mensuais das que polo concepto de retribución voluntaria perciben os traballadores a salario base.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade por quinquenios, en contía do 6% do salario base.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Aboarase un plus de transporte por día efectivamente traballado na contía de 159 ptas., e garantirase a súa percepción, en todo caso, durante 224 días.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias pagadoiras antes do 15 de xullo e outra antes do 22 de decembro, consistentes no aboamento do salario base máis a retribución voluntaria complementaria, iguais ás correspondentes a unha mensualidade normal de traballo.

Artigo 12º.-Gastos de desprazamento.

Os gastos de desprazamento serán aboados pola empresa, logo da súa xustificación.

Artigo 13º.-Licencias e excedencias.

O réxime de licencias acomodarase ó disposto nos seguintes apartados:

-Por matrimonio: 15 días naturais.

-Por nacemento de fillo: 4 días naturais.

-Por matrimonio de fillos: 2 días naturais.

-Por morte ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, irmáns, pais políticos, avós, netos e fillos, o tempo indispensable cun mínimo de 2 días naturais.

-Por morte de tíos políticos: 1 día natural.

-Por morte de irmáns políticos, avós políticos e tíos: 2 días naturais.

-Por morte dun sobriño: 1 día natural.

-Por exames: o tempo necesario con xustificación.

-Por parto da muller traballadora observarase a lexislación vixente.

No caso de que o feito causante acontecese fóra da provincia, corresponderá un día natural máis dos previstos.

O traballador que teña ó seu cargo algún diminuído físico ou psíquico terá dereito a unha reducción da xornada de polo menos 1/3, coa correspondente reducción salarial.

O traballador terá dereito, coa xustificación, ós necesarios períodos de ausencia ó traballo, cando se someta a técnicas de fertilización legalmente autorizadas ou de esterilización.

Para tódolos efectos deste artigo, entenderase por enfermidade grave sempre que exista necesidade de hospitalización, intervención cirúrxica, necesidade de acompañante e sempre que así sexa cualificado polo facultativo correspondente.

Artigo 14º.-Incapacidade temporal (IT).

O traballador na situación de IT percibirá nos 45 primeiros días da devandita situación o 100% do salario cotizable dun mes, salvo no caso de accidente laboral no que se percibirá o 100% a partir do primeiro día. O dito complemento aboarase tamén na súa parte proporcional nas pagas extraordinarias.

A mellora de prestacións incluída no parágrafo anterior só operará cando o absentismo non supere o 4%, sen que se teñan en conta no cómputo da dita porcentaxe os procesos de longa enfermidade e accidente laboral. Nos casos nos que non entre en xogo a mellora de prestacións, operará o sinalado pola lexislación vixente.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

A empresa deberá concertar con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra as seguintes indemnizacións:

-Falecemento por causa natural, incluso enfermidade profesional: 750.000 ptas.

-Invalidez permanente total ou absoluta por causas naturais ou por enfermidade profesional: 750.000 ptas.

-Falecemento por accidente laboral ou común: 3.000.000 de ptas.

-Invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez por accidente laboral ou común: 3.000.000 de ptas.

A partir do 1 de xaneiro de 1999, as indemnizacións establecidas nos apartados anteriores incrementaranse en 1.000.000 de ptas. en tódolos casos.

Artigo 16º.-Seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento inescusable das normas sobre seguridade e hixiene acomodando a súa actuación ó previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 17º.-Comisión mixta paritaria.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación e cumprimento do convenio, integrada polos membros do comité de empresa e os membros da dirección da empresa que interviñesen na negociación do convenio e a función da cal será a interpretación e vixilancia do cumprimento do pactado.

Artigo 18º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa entregará desde o primeiro día de traballo as pezas de roupa de protección e hixiene necesarias segundo a lexislación vixente.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas ou roupa semellante ó entrar no traballo por primeira vez e unha máis cada seis meses.

Nos postos nos que se precise calzado especial por motivos de seguridade, a empresa facilitarao e será fixado pola comisión mixta o número de pares que sexan necesarios no ano.

Os productores que realicen traballos especiais, que serán definidos pola comisión mixta paritaria, recibirán unha funda máis cada catro meses. O persoal administrativo terá o mesmo dereito a pezas de roupa asimilables ás súas funcións, sempre que así o soliciten persoalmente.

Artigo 19º.-Formación laboral.

No tocante á formación laboral, analizarase cada un dos casos concretos que se vaian producindo e que sexan de interese tanto para a empresa como para os traballadores.

Disposición derradeira

En todo o non previsto no presente convenio observarase o disposto na ordenanza laboral para as industrias siderometalúrxicas, no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, a Lei orgánica de liberdade sindical e as demais disposicións de legal aplicación.

ANEXO

Táboa salarial convenio 1998

CategoríaSub-cat. ASub-cat. B

Persoal obreiro
Peón3.8633.474
Especialista3.8923.503
Oficial de 3ª3.9453.555
Oficial de 2ª4.0113.621
Oficial de 1ª4.1083.718
Traballad. menor 18 anos3.8633.474

Persoal subalterno
Almaceneiro3.8263.474
Probador3.9733.621
Listeiro3.9073.555
Recepcionista3.8263.474
Vixilante3.8263.474
Ordenanza3.8263.474
Porteiro3.8263.474
Conserxe3.8263.474
Chofer turismo3.9733.621
Chofer camión4.0693.718
Telefonista3.9073.555

Persoal técnico
Mestre taller4.7664.414
Xefe de taller4.8964.545

CategoríaSub-cat. ASub-cat. B

Encargado4.7664.414
Titulado medio4.8964.545
Titulado superior5.1004.748
Delineante proxectista4.6084.257
Delineante de 1ª4.0693.718
Calcador-reproductor3.9073.555
Delineante de 2ª3.9733.621
Controlador3.9733.621
Téc. organización 1ª4.0673.718
Téc. organización 2ª3.9733.621
Aux. organización 1ª3.9073.555
Aux. organización 2ª3.8563.503

Persoal administrativo
Aux. administrativo3.9073.555
Oficial Admvo. de 1ª4.0693.718
Oficial Admvo. de 2ª3.9733.621
Viaxante ou vendedor3.9073.555
Xefe Admvo. de 1ª4.1243.773
Xefe Admvo. de 2ª4.0693.718
Caixeiro3.9073.555
Xefe almacén4.0693.718
Xefe contabilidade4.1243.773
ATS4.8964.545
Traductor idiomas3.9733.621
Programador3.9733.621
Analista3.9733.621

7263