Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía do 31-7-1998 e do disposto nos artigos 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obras.

1. Obxecto: obras de pavimentación de accesos ós núcleos de poboación do Coto, Coedo, Rinlo e Meirengos.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: 10.451.926 ptas., IVE incluído, con cargo á partida 98/511.610.

6. Prazo de execución: nove meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: 209.039 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

10. Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría b, non imprescindible.

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello

de Ribadeo, Pza. de España, nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono: 982 12 86 50. Fax: 982 13 09 75. Horario de atención ó público das 9 ás 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición: «D/Dna..... veciño/a de....., con enderezo en..... , titular do DNI nº....., en nome propio (ou en representación de....., conforme acredito con poder bastante), informado/a do concurso tramitado polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de pavimentación de accesos ós núcleos de poboación do Coto, Coedo, Rinlo e Meirengos, comprométese a executalas na forma determinada no prego de cláusulas administrativas, que intregramente acepta, por un prezo de..... ptas. (en letra e número) para tal efecto xunta memoria comprensiva dos seguintes extremos:

a) Obras de natureza análoga, últimos 5 anos (certificados de boa execución).

b) Volume de obra executada (certificados de boa execución).

c) Experiencia facultativa do delegado e equipo técnico (declaración xurada).

d) Programa de obras e prazos de execución (proposta técnica).

e) Equipos, maquinaria e medios (declaración xurada).

f) Plan de control de calidade (proposta técnica).

g) Mellora nas calidades da obra (proposta técnica)».

13. Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas logo da convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 31 de xullo de 1998.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

7645