Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía do 31-7-1998 e do disposto nos artigos 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obras.

1. Obxecto: obras de urbanización na Pza. de España de Ribadeo: parque infantil e paseo central.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo e financiamento: 20.706.000 ptas., IVE incluído, con cargo á partida 98/4.3.2.620, tramitado en execución de operacións O. 24-2-83.

6. Prazo de execución: cinco meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: 414.120 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

10. Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, Pza. de España, nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono: 982 12 86 50. Fax: 982 13 09 75.

Horario de atención ó público das 9 ás 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición: «D/Dna..... veciño/a de....., con enderezo en..... , titular do DNI nº....., en nome propio (ou en representación de....., conforme acredito con poder bastante), informado/a da poxa tramitada polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de urbanización da Pza. de España: parque infantil no campo de San Francisco e do paseo central do parque, comprométese a executalas na forma determinada no prego de cláusulas administrativas, que integramente acepta, por un prezo de..... ptas. (en letra e número). Ribadeo, ..... de..... de 1998».

13. Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas logo da convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 31 de xullo de 1998.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

7644