Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.336

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998 pola que se fai pública a addenda ó convenio de apoio financeiro para a renovación da flota galega subscrito con distintas entidades financeiras o día 21 de maio de 1996.

Con data do 30 de xuño de 1998, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras asinaron unha addenda ó convenio de apoio financeiro para a renovación da flota galega, asinado o 21 de maio de 1996 e modificado o 26 de decembro de 1997, co obxecto de prorroga-lo prazo para a resolución dos expedientes de axuda financeira presentados ó abeiro deste.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 22/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, co obxecto de darlle unha

adecuada difusión, faise público o texto da addenda ó convenio, que figura como anexo I, e relación de entidades que a susbcribiron, que figura no anexo II.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

Addenda ó convenio de apoio financeiro para a renovación da flota galega asinado entre o Igape e as entidades financeiras, o 21 de maio de 1996.

O convenio, asinado entre o Igape e as entidades financeiras o 21 de maio de 1996, co obxecto de establecer unha liña de apoio financeiro para a renovación da flota galega, modificado pola addenda con data do 26 de decembro de 1997, establece que o prazo de vixencia para a concesión e formalización das operacións de subsidiación solicitadas en prazo remata o 30 de xuño de 1998.

Dado que a carga de traballo dos estaleiros seleccionados polos armadores para a construcción dos barcos imposibilita a formalización das operacións de préstamo no prazo establecido, convense, de mutuo acordo entre o Igape e as entidades finan

ceiras, en subscribi-la presente addenda ó convenio asinado o 21 de maio de 1996 coas seguintes:

Cláusula única.-Modifícase a cláusula 7ª do convenio asinado entre o Igape e as entidades financeiras o 21 de maio de 1996, prorrogando o prazo de vixencia para a concesión e formalización das operacións de subsidiación presentadas en prazo, ata o 31 de decembro de 1998.

Para o resto de condicións non recollidas nesta addenda, observarase o especificado no convenio subscrito con data do 21 de maio de 1996 e addenda a este con data do 26 de decembro de 1997.

E en proba de conformidade, así o din, asinan e outorgan por exemplar duplicado e para un único efecto en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1998.

ANEXO II

Relación de entidades financeiras que subscriben a addenda ó convenio de apoio financeiro para a renovación da flota galega

Caixas:

Caixa Galicia

Caixa Vigo

Bancos:

Banco Bilbao Vizcaya

7410