Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga o permiso de investigación San Martín, número 2718.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que con data do 30 de abril de 1998 se outorgou o permiso de investigación San Martín nº 2718, de 30 cuadrículas mineiras para recursos de sílice, rochas e sección C), que se sitúa nos termos municipais da Estrada e Silleda, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 13 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6979