Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/54-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: r/ Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. na rúa Redondela-edificio Judaqui.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente denominado Júpiter ata o C.T. que se proxecta na rúa Redondela, edificio Judaqui, concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 6 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6979