Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998 pola que se declara deserto o concurso aberto para o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Campelo para a prestación do servicio de lonxa.

Por Resolución do 6 de novembro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 224, do 19 de novembro de 1997, convocouse concurso aberto e tramitación urxente para o outorgamento das instalacións da lonxa do porto de Campelo para a prestación do servicio de lonxa. (Exp. 13-15-97-C-01).

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación, esta residencia resolve:

Declarar deserto o citado concurso.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante a correspondente Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día de publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

7545