Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 1, 4, 5, 6, 9.bis, 15, 26, 28 e 29 dos estatutos da Asociación de Jefes y Oficiales de Máquinas de la Marina Mercante de Galicia, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Xefes e Oficiais de Máquinas da Mariña Mercante de Galicia (Axomaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 19-6-1998 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Dávila Devesa, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asemblea extraordinaria celebrada o 12-12-1997, consistente na modificación dos artigos 1, 4, 5, 6, 9.bis, 15, 26, 28 e 29 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7544