Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 10 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-1203/97, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-1203/97 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, e achegue cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advetíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

A Coruña, 10 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15-1203/97.

Inculpado: Iberia Seguros, S.A.

Domicilio: Ramón Piñeiro nº 4 Entrepl. 15702 Santiago de Compostela.

Motivos: obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 24-6-1998.

6849