De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-899/97 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, e achegue cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advetíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
A Coruña, 10 de xullo de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 15-899/97.
Inculpado: Carmen Seoane Mosquera CEDECO
Domicilio: praza de Lugo nº 23, A Coruña.
Motivos: negativa á devolución dun importe.
Data da iniciación: 26-6-1998.
7071