O Pleno Municipal, en sesión celebrada o pasado 30 de xuño de 1998, aprobou os pregos de cláusulas administrativas de conformidade co parágrafo 2º do artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, a
exposición dos devanditos pregos e os anuncios para a presentación de proposicións fanse en unidade de acto, podendo presentarse reclamacións contra os pregos durante os 8 días hábiles seguintes ó da publicación dos anuncios.
Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.
Obxecto do contrato: xestión do servicio de retirada de vehículos da vía pública.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Prezo: serán as tarifas previstas na ordenanza municipal reguladora do prezo público.
Garantía provisional: 50.000 pesetas.
Garantía definitiva: 150.000 pesetas.
Obtención de documentos e información: Concello de Cullerredo.
Domicilio: rúa do Concello s/n-Tarrío-Culleredo.
Localidade: Culleredo (A Coruña), 15189.
Teléfono: 981 67 77 77.
Fax: 981 67 76 46.
Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio (DOG).
Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Culleredo, 8 de xullo de 1998.
Julio Sacristán de Diego
Alcalde
6993