Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO do alleamento por concurso dunha parcela municipal sita na Zapateira.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o pasado 30 de xuño de 1998, aprobou os pregos de cláusulas administrativas de conformidade co parágrafo 2º do artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, a exposición dos devanditos pregos e os anuncios para a presentación de proposicións fanse en unidade de acto, podendo presentarse reclamacións contra os pregos durante os 8 días hábiles seguintes ó da publicación dos anuncios.

Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

Obxecto do contrato: alleamento dunha parcela municipal.

Situación: A Zapateira-Rutis.

Forma: concurso.

Prezo: será fixado polos licitadores; o prezo de partida é de 20.000.000 de pesetas.

Garantía provisional: 400.000 pesetas.

Garantía definitiva: 4% do importe do remate.

Obtención de documentos e información: Concello de Cullerredo.

Domicilio: rúa do Concello s/n-Tarrío-Culleredo.

Localidade: Culleredo (A Coruña), 15189.

Teléfono: 981 67 77 77.

Fax: 981 67 76 46.

Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio (DOG).

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 8 de xullo de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

6999