Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de xullo de 1998, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan. (Expediente C-136-CD/63, conta 497 e seis máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e cláusula II, III, IV ou V do contrato

de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificados por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar qeu se irán incorporando ó total de débeda os posteriores vencementos que resulten a deber e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súa obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 13 de xullo de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Ceferino Barros Entrialgo e herdeiros.

Expediente: C-136-CD/63 (desafiuzamento F.P. 1/98).

Conta: 497.

Amapolas, bloque 16, portal 9, 4º Esq. (A Coruña).

Importe débeda: 7.630 ptas.

José A. Martínez Martínez e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78-1 (desafiuzamento F.P. 2/98).

Conta: 185.

Pardo Bazán, bloque 47, portal 52, 1º Dta. (Ferrol).

Importe débeda: 2.042.583 ptas.

Avelina Camba Guillán e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 (desafiuzamento F.P. 3/98).

Conta: 287.

Polígono Elviña, O Birloque, bloque 8, 2º A (A Coruña).

Importe débeda: 1.752.493 ptas.

José Álvarez Rodríguez e herdeiros.

Expediente: C-136-CD/63 (desafiuzamento F.P. 4/98).

Conta: 732.

r/ Azucenas, portal 27, 2º D (A Coruña).

Importe débeda: 15.875 ptas.

Antonio Edreira Vilasanta e herdeiros.

Expediente C-1-CD/70 (desafiuzamento F.P. 5/98).

Conta: 682.

Polígono Elviña, 2ª fase, bloque 12, portal 7, 8º Esq. (A Coruña).

Importe débeda: 43.775 ptas.

Gerardo Iglesias Salgueiro e herdeiros.

Expediente C-2-IV/75 (desafiuzamento F.P. 6/98).

Conta: 223.

Alexandre Bóveda nº 7-4º C (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 2.221.582 ptas.

Antonio Vérez Pérez e herdeiros.

Expediente C-1-CD/70 (desafiuzamento F.P. 7/98).

Conta: 678.

Polígono Elviña 2ª fase, bloque 12, portal 7, 6º I (A Coruña).

Importe débeda: 7.440 ptas.

7131