Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto, das obras que se citan. (Clave OH.315.407 e seis máis).

A) Obra.

1. Saneamento integral da praia de Perbes. (Miño-A Coruña).

Clave: OH.315.407.

Orzamento: vintetrés millóns trinta mil catrocentas setenta e oito pesetas (23.030.478 ptas.).

Prazo de execución: 7 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo E, subgrupo 5, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Saneamento e depuración na capitalidade. (Bande-Ourense).

Clave: OH.332.338.

Orzamento: trinta e sete millóns seiscentas unha mil novecentas vintecatro pesetas (37.601.924 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento e saneamento en Mugueimes, Porqueirós e outros. (Muíños-Ourense).

Clave: OH.532.340.

Orzamento: corenta millóns trescentas unha mil novecentas vintecinco pesetas (40.301.925 ptas.).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Rede de sumidoiros en Toxal-terminación. (Porqueira-Ourense).

Clave: OH.332.342.

Orzamento: trinta millóns catrocentas unha mil novecentas vintecatro pesetas (30.401.924 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses

Clasificación:grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Depuración na zona norte do núcleo urbano do Covelo. (O Covelo-Pontevedra).

Clave: OH.336.392.

Orzamento: once millóns seiscentas noventa e catro mil duascentas dezaoito pesetas (11.694.218 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, alínea a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 17, alíneas a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira da solvencia técnica e profesional.

Fianza provisional: duascentas trinta e tres mil oitocentas oitenta e catro pesetas (233.884 ptas.).

6. Rede de sumidoiros en Fitoiro-terminación. (Chandrexa de Queixa-Ourense).

Clave: OH.332.341.

Orzamento: trece millóns cincocentas unha mil novecentas vinteseis pesetas (13.501.926 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, alínea a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 17, alíneas a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira da solvencia técnica e profesional.

Fianza provisional: duascentas setenta mil trinta e nove pesetas (270.039 ptas.).

7. Abastecemento de auga ós núcleos rurais de Lebesende e Eirexe-Olveda. (Antas de Ulla-Lugo).

Clave: OH.227.283.

Orzamento: dezaito millóns setecentas noventa e nove mil cincuenta e nove pesetas (18.799.059 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, alínea a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 17, alíneas a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira da solvencia técnica e profesional.

Fianza provisional: trescentas setenta e cinco mil novecentas oitenta e unha pesetas (375.981 ptas.).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo

2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día dezaoito (18) de setembro de 1998.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vinteoito (28) de setembro de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

7087