Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de auto
rización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Electrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Moruxo-Praia.
Situación: Bergondo.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 32 m de lonxitude, con orixe na liña 4 O Pedrido, tramo O Pedrido-Sada (expediente 27.217) e remate no C.T. Moruxo-Praia, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 160 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Moruxo-Praia, do que parte a rede subterránea de baixa tensión, con conductor RV de 25 m de lonxitude e ramal aéreo sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 75 m de lonxitude. Bergondo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 1 de xullo de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
6918