Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.136

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado concertado Calasanz Masculino da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado Calasanz Masculino da Coruña no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo

constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia da Coruña

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: estrada de Os Fuertes, s/n.

Denominación: Calasanz Masculino.

Titular: Padres Escolapios.

Nivel: educación infantil, 2º ciclo.

Unidades de que constaba: 7.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 8.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 8 unidades.

Centro de educación primaria: 18 unidades.

Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Centro de bacharelato: 4 unidades, coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

6539