Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26-6-1998, adoptou o acordo de aproba-la redacción dun proxecto de modificación puntual do PXOU vixente, no ámbito grafado no plano elaborado polo Servicio Municipal de Arquitectura, que figura no expediente, para os efectos de conseguir unha mellor solución de penetración viaria ó barrio de Galegos, como continuación da avenida Carlos Azcárraga no seu enlace coa rúa Portiño, fronte á rúa Venancio Senra, desta cidade de Lugo, e a suspensión cautelar de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición, na totalidade do ámbito que se delimita, polo prazo dun ano (artigo 34 da Lei 1/1992, do 24 de marzo, do solo de Galicia).

Contra este acordo poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo,

perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 2 de xullo de 1998.

Visto e prace

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

6865