Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 26-6-1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación CS nº 15 do PXOU vixente, por solicitude de Jesús Pernas Carreiras, na súa calidade de presidente da xunta de compensación da devandita unidade de actuación.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 2 de xullo de 1998.

Visto e prace

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

6863