Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.102

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1998 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado

polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 10 de marzo de 1997 (BOE do 7 de abril de 1997) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: oftalmoloxía.

Praza número: 1460/1997.

Comisión titular:

Presidente: Manuel Sánchez Salorio, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Mª Carmen Capeáns Tomé, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: José García Campos, catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Vocal 2ª: Josefa Vinuesa Silva, profesora titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal 3º: Antonio Franco Sánchez, profesora titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Comisión suplente:

Presidente: Julián García Sánchez, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Franciso J. Gómez-Ulla de Irazazabal, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Jaime Miralles de Imperial y Mora, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vocal 2ª: Mª Luisa Rodríguez Caballero, profesora titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal 3º: José Jordano Pérez, catedrático de universidade. Universidade de Cádiz.

6870