Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.102

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de xullo de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de dúas prazas de técnicos de normalización lingüística, grupo I do cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 143, do luns, 27 de xullo de 1998, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 8.517, no 2º parágrafo, onde di: «Nela apróbase a reconversión de traballo de axudantes de normalización lingüística...», debe dicir: «Nela apróbase a reconversión de dous postos de traballo de axudantes de normalización lingüística..».

6869