Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

O Concello de Lourenzá, en sesión do 20-7-1998 aprobou os pregos de condicións das obras incluídas no PIEL/98, os que se expoñen ó público durante oito días para exame e reclamacións. Coa salvidade do artigo 122.2º do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das obras do dito programa por concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, e que son:

a) Acceso a Castro.

Prazo de execución: tres meses.

Orzamento de execución da contrata: 12.033.255 pesetas.

b) Accesos de Castro e Recemil á estrada de Masma.

Prazo de execución: nove meses.

Orzamento de execucción por contrata: 4.800.000 pesetas.

O extracto da convocatoria da licitación publicarase no BOP de Lugo. O prazo de presentación de propostas será de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación (BOP ou DOG).

Lourenzá, 27 de xullo de 1998.

Vidal Martínez-Sierra López

Alcalde

6766