Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 23 de xuño de 1998, aprobou o prego de condicións

económico-administrativas para a contratación por concurso con procedemento aberto das obras de dotación de vestiarios e outros servicios ó circuíto de auto-cross de Carballo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Asemade anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de se formularen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 5.467.074 pesetas, realizándose a mellora mediante baixa respecto a el.

Prazo de execución: 12 meses.

Fianza provisional: 109.342 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do día seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais contados do día seguinte á última publicación do presente anuncio no DOG, BOP ou prensa.

Documentación: presentarase en sobres pechados:

Sobre A: subtitulado «Oferta económica».

Sobre B: subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes».

Sobre C: subtitulado «Referencias técnicas»

e axustados ó modelo que figura no prego de condicións que se encontra exposto ó público nas oficinas xerais do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 1 de xullo de 1998.

Manuel Varela Rey

Alcalde

7371