Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.059

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 15 de xullo de 1998 pola que se resolve a convocatoria de libre designación anunciada por Orde do 13 de marzo de 1998 (DOG 55, do 23 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 13 de marzo de 1998 (DOG nº 55, do 23 de marzo de 1998), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-lo funcionario que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala, logo de efectuados tódolos trámites regulamentarios para o seu traslado á Comunidade Autónoma.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG, ou no previsto na propia normativa da súa Administración de orixe.

A toma de posesión deberá facerse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, ó tratarse dun posto situado na mesma localidade, de conformidade co disposto no antedito artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Rodicio Pérez, José Daniel.

NRP: 3491205646 A0605.

Grupo: A.

Denominación: xefe Servicio Valoración.

Código do posto: EFC991000032001065.

Nivel: 28.

Complemento E.: 1.405.752.

Centro directivo ou residencia: delegación territorial Cª. Economía e Facenda.

Localidade: Ourense.

7330