Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.058

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 1998, do procedemento de revisión de oficio previsto no artigo 63 en relación co artigo 103.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Con data do 30 de xullo de 1998, a Consellería da Presidencia e Administración Pública dictou a

resolución que a continuación se transcribe:

Declara-la nulidade por causa de anulabilidade da Orde do 9 de decembro de 1997, pola que se convoca concurso para a Xunta de Galicia (DOG nº 244, do 18-12-1997), no referente en concreto á vacante ofertada co número 843 (página 12.207), que figura no anexo I da mesma orde, quedando, polo tanto, eliminada da relación das vacantes ofertadas no concurso 1/1997.

A presente resolución esgota a vía administrativa, podendo interpoñer contra ela recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

Joaquón López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

6851