Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación de Pontevedra, para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado enlace L.A.T. Sárdoma-Atios coa subestación de Mos nos concellos de Mos e Vigo, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. foi declarada de utilidade pública, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, por resolución desta delegación do 13-5-1998 (artigo 54.1º Lei 54/1997, do sector eléctrico). (Expediente 97/37 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación

forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 7 de agosto de 1998, ás 11 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados nos municipios de Mos e Vigo, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará

coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 6 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 97/37. Provincia: Pontevedra.

L.A.T. Atios-Sárdoma.Termo municipal: Mos-Vigo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1M. CotograndePiñeiralXunta de Montes de Cabral

Pte.Fco. Carrera Cabaleiro

Baixada á Igrexa 8, 36318 Vigo1-2672407137

6679