Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1998 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a elaboración dunha guía de avaliación de riscos en canteiras, graveiras e plantas de tratamentos de áridos.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

2. Organismo: Dirección Xeral de Industria.

3. Número de expediente: 3/1998.

4. Obxecto do contrato: elaboración dunha guía de avaliación de riscos en canteiras, graveiras e plan

tas de tratamentos de áridos.

5. Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

6. Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 11 de maio de 1998.

7. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

8. Orzamento base de licitación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de pesetas).

9. Adxudicación:

a) Data: 29 de xuño de 1998.

b) Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: nove millóns duascentas oitenta mil pesetas (9.280.000 pesetas).

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG nº 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

6896