Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, tramitación urxente, da obra que se cita. (Expediente PO-13-02-98-01).

A) PO-13-02-98-01. Ampliación da lonxa do Carril.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número de expediente: clave: PO-13-02-98-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación da lonxa do Carril.

b) División por lotes e número.

a) Lugar de execución: O Carril.

b) Prazo de execución: oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total. 11.006.942 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 220.139 ptas.

Definitiva: 440.278 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, nº 5A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: 981 54 53 22.

e) Telfax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das soliciutudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na claúsula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no Rexistro do Ente Público Portos de Galicia.

2ª. Domicilio: praza de Europa, 5A-6ª.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo perante o que o licitador estará obrigdo a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A-6º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A (documentación xeral), e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

7295